Make your own free website on Tripod.com
  

 

MÚSICA

Corisco conta dende o ano 1996 cun grupo de pandereteiras propio formado por rapazas que aprenden a tocar a pandeireta, aínda que tamén dominan outros instrumentos de corte tradicional como o pandeiro, a lata, as cunchas, fouciños, sachos, piñas... O seu repertorio está composto por máis de 40 cancións aprendidas dos nosos vellos, como as muiñeiras, xotas, pasodobres, cantos de reis, etc... Tamén se acompañan algunhas delas con gaita.
O grupo de pandereteiras, dependendo da época do ano, varía na súa formación (de 10 a 20 compoñentes).
Esta Asociación conta tamén, como non, cun grupo de gaitas que a acompaña nas súas actuacións e que, á parte das pezas que emprega para os distintos bailes do grupo de danza, posúe o seu propio repertorio para ofrecer concertos en solitario.