Make your own free website on Tripod.com
  

 

VESTIARIO

Para nós é importante reflectir a riqueza e peculiaridades da forma tradicional de vestir de Galicia, e mostrar as variantes que está a experimentar a nosa comunidade. Deste traballo despréndese a colaboración que todos os anos se realiza no Día da Exaltación do Traxe Tradicional Galego, así como a Mostra do Traxe Galego que se celebra na Cidade de Vigo, cedendo indumentaria para as mesmas.
No noso vestiario incluimos distintos traxes de zonas de Galicia, e vai dende os traxes máis ricos de gala ós traxes de diario da zona rural ou da zona mariñeira.