MÚSICA Corisco conta dende o ano
1996 cun grupo de pandereteiras propio formado por rapazas que aprenden a tocar
a pandeireta, aínda que tamén dominan outros instrumentos de corte
tradicional como o pandeiro, a lata, as cunchas, fouciños, sachos, piñas...
O seu repertorio está composto por máis de 40 cancións aprendidas
dos nosos vellos, como as muiñeiras, xotas, pasodobres, cantos de reis,
etc... Tamén se acompañan algunhas delas con gaita. O grupo de
pandereteiras, dependendo da época do ano, varía na súa formación
(de 10 a 20 compoñentes). Esta Asociación conta tamén,
como non, cun grupo de gaitas que a acompaña nas súas actuacións
e que, á parte das pezas que emprega para os distintos bailes do grupo
de danza, posúe o seu propio repertorio para ofrecer concertos en solitario.
|